miércoles, 27 de mayo de 2015

PANEIS DIDÁCTICOS

As participantes no grupo de traballo, elaboramos unha serie de carteis de distintos temas para colgar no patio do colexio. A que son bonitos? En breves teremos máis doutras temáticas.


Paneis didácticos da temática "O colexio". Material publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os alumnos e alumnas de terceiro E, impresionáronnos con esta actuación no festival das Letras Galegas que celebramos o pasado venres no CEIP Fogar.


Interpretación dunha versión signada da cación "Quero ser pirata" de Pablo Díaz (Toc- Toc). Vídeo publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com

martes, 19 de mayo de 2015

ELIMINAMOS AS BARREIRAS DE COMUNICACIÓN

Alumnos e alumnas, mestres e mestras e persoal non docente do Colexio Fogar, decidimos eliminar as barreiras de comunicación. Para isto deseñamos máis de 90 carteis que rotulan os espazos do noso centro, con fotografías en lingua de signos e o correspondente pictograma. Aquí tedes un pequeno exemplo:


Mosaico exemplo de carteis que rotulan o centro. Material publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com

OS NENOS E NENAS DO COLEXIO FOGAR SON GRANDES ARTISTAS!

Os artistas de 5ºB tamén quixeron demostrar o ben que o fan, e deleitáronnos coa súa versión signada da canción popular "A rolda dos meses". Preme no vídeo e verás que talento!


Versión signada da canción popular "A rolda dos meses", intepretada polos alumnos e alumnas de 5ºB. Vïdeo publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com

lunes, 18 de mayo de 2015

OS NENOS E NENAS DO COLEXIO FOGAR SON GRANDES ARTISTAS!!

Velaquí os artistas de 3ºE, que interpretan a súa versión signada da canción popular "Sol, soliño". Preme no vídeo e quedarás marabillado!!


Versión signada da canción popular "Sol, soliño", interpretada polos alumnos e alumnas de 3º E. Vídeo publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com

OS NENOS E NENAS DO COLEXIO FOGAR SON GRANDES ARTISTAS!

Se queredes ver o ben que os alumnos e alumnas  de 2º C fixeron a súa versión signada da canción "Os días da semana", pinchade no vídeo que tedes a continuación, ides quedar abraiados! 


Versión signada da cantiga popular "Os días da semana" interpretada polos alumnos/as de 2ºC. Vídeo publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com


jueves, 7 de mayo de 2015

SEGUIMOS TRABALLANDO

A pesares de que xa rematamos tódalas sesións de docencia, dende o grupo de traballo seguimos a realizar tarefas..  non perdades de vista o blogue!

 

Material publicado por Marta Añón en cursocomunicacionparatodos.blogspot.com